Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres cunha ampla programación en toda a comunidade galega.
Galicia énchese de manifestacións, actos institucionais, obradoiros e actividades culturais co fin de concienciar sobre un problema que costou coa vida de 40 mulleres en España no que vai de ano, e concretamente en Galicia, coa de 4.
A plataforma feminista «Marcha Mundial das Mulleres» ten convocadas 21 mobilizacións con motivo do 25N en diferentes concellos de Galicia e a maiores cada municipio da comunidade pode ter convocadas as súas propias mobilizacións ou actividades.
Os horarios e lugares das mobilizacións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres na seguinte imaxe:
Estes son algúns dos concellos que organizan actividades con motivo do 25N:
Ponteareas – Ás 19:30h marcha e 20:00h lectura do manifesto.
Salvaterra de Miño – Minuto de Silencio diante da Casa do Concello ás 12:00h
Salceda de Caselas – Minuto de silencio e lecutra dun manifesto ás 12h na Praza do Concello.
Tui – Ás 11.30h a praza de San Fernando acollerá un acto colectivo e participativo realizado en colaboración coa comunidade educativa do municipio. Ás 18:00h na praza do Concello terá lugar o acto institucional.
Mondariz Balneario – Minuto de silencio ás 11:00h diante da Casa do Concello.
Mondariz – Minuto de silencio ás 12:00h fronte á Casa do Concello.
A Cañiza – Lectura dunha Declaración Institucional ás 12:00h diante da Casa do Concello.