A dependencia emocional é un problema que afecta a moitas persoas na actualidade e que ten graves consecuencias no benestar emocional e nas relacións interpersoais. Por iso no Concello do Rosal pon en relevo este tema en «Cafés en Igualdade» afondando este xoves 28 de novembro o tema debido ao 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Contaráse coa presenza da psicóloga Rosalía Campos, de Adamia Psicoloxía. Este xoves 28 de novembro, tratará co seu público as relacións tóxicas e a dependencia emocional, ofrecendo claves para recoñecer estas situacións, como comprendelas e afrontalas. A charla será de balde e aberta para calquer tipo de público a partir das 17.30 horas no restaurante As Brasas, na Paradela.
A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís indicou que «estas iniciativas son esenciais para avanzar como sociedade.» Ademáis de sinalar que «A dependencia emocional pode ser un dos factores que agravan situacións de desigualdade e incluso que poden desembocar en violencia e falar sobre ela dende un enfoque profesional e accesible é un paso fundamental”.
Este proxecto conta co financiamento do Ministerio de Igualdade a través de fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2023-2024.