viernes, noviembre 22, 2024
InicioA terraA nosa culturaPlans e actividades no Condado, Louriña, Val Miñor e Baixo Miño para...

Plans e actividades no Condado, Louriña, Val Miñor e Baixo Miño para esta fin de semana

As fins de semanas están cargadas de actividades e eventos nas comarcas do Condado, Paradanta, Louriña, Valmiñor e Baixo Miño co fin de entreter e manter unha proposta de ocio activa para todos os veciños e veciñas.

Ademais, coa chegada da época máxica do nadal, son algúns os concellos que xa acederon o seu alumeado de Nadal en novembro, polo que visitar estes muncipios tamén pode ser un plan perfecto para esta fin de semena. Podes consultar aquí as localidades que xa iluminaron as súas rúas.

A continuación, varias propostas de ocio a maiores para esta fin de semana:

Sábado 23 de novembro

A Asociación de Veciños «A nosa terra» de Pereiras, en Mos realiza unha xornada infantil na que haberá obradoiros e actividades para fomentar a creatividade na etapa infantil da man da empresa de animación infantil O Recreo.

O evento dará comezo ás 17:30h no Centro Social e Cultural «Os Castros» de Pereiras.

A Asociación Cultural Recreativa Castelo organiza unha xornada de teatro co grupo «Pena do Equilibrio» e a súa obra «Día Dixital«. A actuación dará comezo ás 20:00h no Teleclube de Pesqueiras.

A Igrexa de San Lourenzo de Salvaterra de Miño será a encargada de acoller o tradicional concerto da Banda de Música de Salvaterra de Miño con motivo de Santa Icía.

En primeira instancia terá lugar a misa a Santa Icía, ás 19:00h e acto seguido, ás 19:30h, dará comezo o concerto.

A II Gala da Lusofonía chega ao Concello da Guarda para falar sobre as conexións internacionais e o coñecemento glocal da man de convidadas de Galicia, Portugal, Angola e Brasil.

Ademais, contará coa participación musical de Tino Baz e Uxía. O evento terá lugar no Salón de Actos do Centro Cultural de A Guarda ás 21:00h.

Con motivo do día de Santa Icía a Banda de Música Popular de Tui organiza un concerto benéfico a favor de SOS Tomiño Baixo Miño.

O prezo da entrada é de 2 euros e o evento dará comezo ás 19:00h no edificio de Área Panorámica de Tui.

A Asociación de Veciños «Castelo» celebrará o «Serán de Pesqueiras» con pinchos e viño de balde para todos os asistentes.

A xornada comezará ás 20:00h no Torreiro de Pesqueiras.

O Concello de Nigrán presenta o monólogo reivindicativo de Paula Carballeira «Os contos que elas me contaron» con motivo do 25N e dirixido a un público adulto.

A entrada é de balde ata completar aforo e o espectáculo dará comezo ás 20:00h no Auditorio de Nigrán.

A Banda Cultural de Salceda de Caselas ofrece un concerto benéfico con motivo de Santa Icía a favor da Asociación MCM de España.

O concerto terá lugar ás 12:00h na praza do Concello tras o acto relixioso ás 10:00h na Igrexa de Santa María.

O Concello de Mondariz Balneario realiza unha andaina guiada pola Ruta do Xabriña.

A ruta comezará ás 12:00h.

O Grupo de Teatro Seliña presenta en Arbo a súa obra «Tres contos escénicos«.

A obra dará comezo ás 19:30h no auditorio Gil Dávila.

O Porriño acollerá na Praza do Concello o concerto da Agrupación Musical do Porriño xunto a Antonio Barros.

O evento será ás 12:00h na Praza do Concello e en caso de mal tempo será trasladado ao Círculo Cultural Recreativo.

Domingo 24 de novembro

Chega ao Rosal a obra «O humor como arma contra o tabú» unha obra para reflexionar, rir e aprender, da compañía Talía Teatro.

O espectáculo dará comezo ás 19:00h no auditiro do Rosal con entrada de balde.

O Concello de Mondariz festexa o seu serán na Praza de Abastos.

O evento terá lugar das 17:00h ás 18:30h.

O Auditorio de Goián, en Tomiño, será o encargado de acoller o musical «Carapuchiña Vermella» de Educateatro.

A obra está enfocada nun público familiar e ten un prezo de 5 euros para os adultos e 2,5euros para menores de 12 anos. Dará comezo ás 17:30h.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS