O Concello do Porriño abre este luns 26 de novembro o prazo de inscrición para o seu Campamento de Nadal. Este é un programa de lecer e tempo libre dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Esta actividade desenvolverase en varias datas do período vacacional escolar. Así mesmo, está deseñada para fomentar o desenvolvemento integral dos menores a través de xogos, talleres, dinámicas de grupo e actividades deportivas.
O obxectivo principal do campamento é ofrecer un espazo lúdico e educativo que favoreza a conciliación da vida familiar e laboral das familias do municipio. Tamén proporcionar aos nenos e nenas unha contorna segura, de diversión e aprendizaxe durante as vacacións. Ademais, será unha oportunidade para que os nenos e nenas desenvolvan a súa sociabilidade e gocen dun ambiente de encontro e relación cos seus compañeiros.
O campamento desenvolverase os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2024 e 2, 3 e 7 de xaneiro de 2025. As actividades levaranse a cabo en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas. Ademais, ofrecerase a opción de aula matinal, con entrada a partir das 8.30 e recollida ás 14:30 horas, para facilitar a conciliación das familias.
A actividade é completamente gratuíta e requírese inscrición previa, tendo preferencia os nenos e nenas do Porriño. O prazo para inscribirse será do 26 de novembro ás 8.59 horas ata o 2 de decembro ás 8:59 horas. As inscricións poden formalizarse de maneira presencial no rexistro municipal ou a través da sede electrónica do Concello do Porriño.