A sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá no Concello aprobou a adxudicación da contratación da obra de mellora da pavimentación. Esta obra será do Camiño Eido Vello no lugar das Cortiñas, parroquia de Louredo. Esta mellora conta coa financiación da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural. A entidade outorgou á administración local mosense unha axuda de 61.101 euros máis IVE. Na reunión estiveron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o seu primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal. Tamén participou o segundo tenente de alcaldesa e edil de contratación mosense, Leo Costas.
Os representantes municipais Arévalo, Grandal e Costas, explicaron neste senso que “dada a gran extención do municipio, 52 quilómetros cadrados, así como a enorme lonxitude do viario local (aproximadamente 500,00 quilómetros) é vital manter estas vías de acceso e comunicación no mellor e máis óptimo estado de mantemento. É por elo que consideramos a necesidade de proceder á pavimentación do Camiño Eido Vello en Louredo”. Así mesmo informaron de que a mellora será posible grazas a unha subvención autonómica do Plan Marco de Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.
Mellora da pavimentación do Camiño Eido Vello
O camiño a asfaltar ten unha lonxitude total de 569 metros. Trátase dun camiño de viario secundario. O tramo de actuación iría dende o cruce co camiño das Cortiñas, ata ao cruce co camiño da Quiringosta, que soporta un tráfico baixo/medio.
As obras de mellora da pavimentación do Camiño Eido Vello, lugar de Cortiñas, parroquia de Louredo, comprenderán actuacións previas como desbroce lateral, limpeza de cunetas e noiros. Tamén rehabilitación de firmes e pavimentos acorde coa Instrución de Estradas e o PG-3 do Ministerio de Fomento.
Os traballos a realizar serán diversos. En primeiro lugar, a regularización da capa de rodadura coa aplicación de un centímetro de asfalto que regularice as zonas presentan unha maior fisuración. Tamén realizarán un recrecido que consistirá na extensión dunha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente, tipo formigón bituminoso de cinco centímetros de espesor, estendida e compactada. Previa a extensión de dita capa, realizarase unha limpeza e barrido de superficie, para a posterior aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica. Como obras adicionais levaranse a cabo o recrecido dos pozos existentes de saneamento e a realización de cunetas e a sinalización horizontal.
Estímase un prazo aproximado de 4 semanas para execución destas obras que supoñen un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado que posúe o vial.