jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO mosense Gustavo Barcia e a ourensá Noa Presas, rivais de Ana...

O mosense Gustavo Barcia e a ourensá Noa Presas, rivais de Ana Pontón para liderar o BNG

O Bloque Nacionalista Galego, o grupo líder da oposición, vén de pechar o proceso preasambleario coa presentación de tres candidaturas á XVIII Asemblea Nacional que terá lugar o vindeiro 1 de decembro en Santiago de Compostela, segundo fan saber os nacionalistas nun comunicado. Entre as candidaturas que se presentaron, atópase a liderada pola actual líder, Ana Pontón, a que ten como número un á orensá Noa Presas e a lista que encabeza o mosense Gustavo Barcia.

Deste xeito, os nacionalistas e as nacionalistas debaterá e aprobarán as grandes liñas que marcarán o seu proxecto de futuro co obxectivo de «seguir ampliando a súa base social para liderar en 2027 a transformación dos concellos e en 2028 o Goberno galego», tal e como explican desde o BNG.

Neste sentido, a organización mostra o «convencemento de que mantendo a liña política seguida nos últimos anos, baseada en facilitar respostas e alternativas aos problemas da xente no seu día a día e na defensa dos intereses e do futuro do País, o BNG non ten ningún límite e pode chegar a electorados de moi diferente natureza».

Por iso, coa nova etapa que comezará despois da asemblea, a formación nacionalista «reafirmará o seu compromiso de seguir estando á altura de todas as esperanzas e de todas as ilusións que foi capaz de xerar na sociedade galega».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS