Xa adentrados no mes de novembro son cada vez máis os municipios que preparan o acendido das súas decoracións de nadal, buscando cada ano atraer a novos visitantes co obxectivo de pasear polas súas rúas e desfrutar do ambiente propio desta época do ano.
Na zona sur de Pontevedra e norte de Portugal son dous os municipios que xa acenderon o alumeado e que teñen as súas rúas completamente iluminadas. Son o caso, evidentemente, de Vigo e do municipio luso de Viana do Castelo. Ademais, o concello do Porriño acenderá as súas luces este sábado e no concello da Guarda atopamos algunha iniciativa privada.
Nadal en Vigo
O nadal en Vigo comezou o pasado sábado 16 de novembro coa inauguración do acendido das luces iluminando 420 calles de la ciudad con 11,5 millones de luces LED.
As luces estarán acesas todos os días dende as 18:00h e o apagado variará dependendo do día da semana ou as festividades. Deste xeito, o horario de apagado será o seguinte:
- De domingo a mércores o alumeado apagarase ás 00:00h.
- De xoves a sábado, vésperas de festivo e festivos ás 2:00h
- As noites do 23, 24, 25, 30 e 31 de decembro e do 1, 5 e 6 de xaneiro permanecerán acesas toda a noite ata o amencer.
Ademais, o nadal na cidade conta, como é habitual cada ano, co nadal bus, tren e barco de nadal, atraccións como a noria e outras máis infantís, o mercado de nadal «Cíes Market», carrusel ou o circo de nadal, entre outros.
Nadal en Viana do Castelo
O municipio luso de Viana do Castelo acendeu as súas luces o pasado 9, adiantándose deste xeito á inauguración da cidade olívica.
A vila, ubicada a pouco máis dunha hora de Vigo, promete un ambiente de nadal único por todas as suas rúas iluminadas e cunha gran árbore de 27 metros de altura.
A Avenida dos Combatentes da Grande Guerra e o espazo axardinado da Marina acollerán diariamente espectáculos multimedia, que consistirán en xogos de luces sincronizados con música. O horario (hora española) dos espectáculos será o seguinte:
- Na Avenida: 19:00h, 20:00h, 21:00 e 22:00h e 23:00h de luns a venres e tamén ás 00:00h e 1:00h os sábados e domingos.
- Na Marina: 19:30h, 20:30h, 21:30h e 22:30h de luns a venres e tamén ás 23:30h e 00:30h os sábados e domingos.
Ademais, a vila tamén contará cun Mercado de Nadal que se inaugurará o 6 de decembro e estará en funcionamento ata o 23 do mesmo mos na Porta Mexia Galvão e no Jardim Marginal. O horario do mercado de Nadal será o seguinte:
- De domingo a xoves: de 15:00h a 20:00h
- Venres e sábados: de 12:00h a 23:00h
Nadal no Porriño
O Concello do Porriño inaugurará a maxia do nadal coa celebración do tradicional do acendido do alumeado este sábado 23 de novembro.
O evento terá lugar na Praza Arquitecto Antonio Palacios a partir das 17:30h. Os encargados de premer botón que dará comezo ao Nadal do Porriño serán, como é habitual, os usuarios e usuarias de Aceesca.
A partir dese momento, veciños, veciñas e visitantes poderán desfrutar das rúas, parques e prazas iluminadas así como das decoracións típicas do municipio nestas datas.
Iniciativas de Nadal privadas
Así é, a maxia do Nadal chega tamén ata as casas de particulares que deciden vivir estas datas con entusiasmo e alegría. Este é o caso de Manuel e Wanda, veciños de Camposantos no municipio da Guarda.
Dende hai uns anos, estes veciños de A Guarda iluminan a súa casa ofrecendo un completo espectáculo de luz e cor que sorprende a visitantes e veciños. Os interesados e interesadas en visitar a casa iluminada poden facelo dende as 18:30h ata ás 00:30h de luns a domingo na dirección Costa dos Soldados, número 8 en Camposancos, A Guarda.
Este ano contan con máis de 325.000 luces LED iluminando o seu fogar e xa son moitos os veciños e veciñas da zona que se sumaron a esta iniciativa enchendo tamén de luces as casas do barrio.