miércoles, noviembre 20, 2024
InicioNewsActualidadePonteareas e FCC únense para enviar un camión de recollida de lixo...

Ponteareas e FCC únense para enviar un camión de recollida de lixo a Valencia

Ponteareas envía a Valencia un camión de recollida do lixo co fin de contribuír nas tarefas de emerxencia. Esta actuación é posible gracias á colaboración entre o Concello de Ponteareas e FCC, empresa responsable do servizo de limpieza das rúas e recollida de lixo.

Coordinados coa delegación desta empresa en Levante, voluntarias e voluntarios das contratas galegas darán apoio aos concellos velenciáns afectados pola DINA. A empresa FCC explica que «este apoio será totalmente solidario en canto a recursos humanos, materiais e maquinaria».

Un dos vehículos recolectores do Concello de Ponteareas partiu xa rumbo a Quart de Poblet, municipio de Valencia, para sumarse aos efectivos existentes. A alcaldesa, Nava Castro acompañada de membros do equipo de goberno xunto con representantes da empresa FCC achegáronse ao momento da partida co fin de desexarlles «unha boa viaxe a todo o equipo».

Bombeiros de Ponteareas en Valencia

O Concello de Ponteareas, co fin de amosar o seu agradecemento por desprazarse á zona afectada en Valencia, recibiu a unha representación dos bombeiros da vila nun acto conmemorativo no que se lles fixo a entrega dun diploma que simboliza o compromiso e a solidariedade do equipo tras os seus labores de axuda en Valencia.

A alcaldesa, Nava Castro, e concelleiro de Seguridade coincidiron en salientar «o carácter colaborador e a profesionalidade dos bombeiros de Ponteareas que atende a todos os Concellos do Condado e da Paradanta».

Neste acto, aberto a cidadanía e celebrado no auditorio municipal Reveriano Soutullo, tamén participaron os centros educativos de Ponteareas coordinados pola concellería de Ensino. Os bombeiros explicaron ao público a súa intervención, a situación, os sentimentos da cidadanía valenciá, a importancia do cumprimento das normativas, a coordinación de equipos e deron exemplo de civismo e solidariedade.

Así tamén, o equipo de goberno quixo agradecer o apoio das empresas locais, Darlim e Bopapel, que sufragaron os gastos da viaxe e aloxamento do equipo de bombeiros de Ponteareas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS