miércoles, noviembre 20, 2024
InicioNewsComarcasO pleno infantil do Porriño reivindica "Para cada infancia, todos os dereitos!"

O pleno infantil do Porriño reivindica «Para cada infancia, todos os dereitos!»

A corporación infantil do Concello do Porriño reuniuse esta mañá para celebrar a súa sesión plenaria anual. Esta cumpre co compromiso adquirido da administración local de conmemorar cada ano o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, presidiu o pleno acompañado polas concelleiras de Educación e Infancia, Carolina González e Rosa Isabel ALonso. A corporación completábana representantes dos nove centros educativos de primaria e secundaria do municipio e de ACEESCA.

Os portavoces de cada uns dos centros tiveron a oportunidade de dirixirse de primeira man tanto ao alcalde coma ao resto de concelleiros e concelleiras. O obxectivo era transmitirlles os resultado do traballo feito cos seus compañeiros nas aulas. Tamén defender as súas propostas para que O Porriño sexa un concello máis implicado na loita polos dereitos da infancia. Baixo o lema deste ano “Para cada infancia, todos os dereitos!” puxeron o foco na participación dos nenos e nenas na sociedade, na consecución dun planeta habitable e na paz.

No eido más local, propuxéronse cuestións como unha nova piscina pública, a necesidade de habilitar parques libres de fumo, a eliminación de barreiras arquitectónicas ou o transporte público.

A Hora de Dar

Outro dos puntos da orde do día era a convocatoria dunha nova edición da campaña de recollida de alimentos infantís e productos de hixiene «A Hora de Dar». Esta axudará a moitas familias do Porriño que o necesitan. A proposta foi aprobada por unanimade e desenvolverase o vindeiro 28 de novembro nos centros escolares.

O alcalde agradeceu a todos os corporativos a súa participación “xa que o seu compromiso é esencial para garantir que cada neno goce de todos os seus dereitos. Son unha xeración responsable e comprometida que estarán á altura dos retos que se lles presentan”. Ademais, esta noite a fachada da Casa Consistorial iluminarase de azul para conmemorar este sinalado día.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS