miércoles, noviembre 20, 2024
InicioNewsComarcasO BNG acusa o PSOE de renunciar á conexión de alta velocidade...

O BNG acusa o PSOE de renunciar á conexión de alta velocidade entre Vigo e Porto no ano 2030

O Bloque Nacionalista Galego acusa o PSOE de «renunciar á conexión de alta velocidade entre Vigo e Porto no ano 2030«. A fronte nacionalista reacciona así ás declaracións da senadora e tenente de alcalde socialista, Carmela Silva, en relación ao debate deste mércores no Senado no que o BNG defendeu unha moción «para que o Goberno español cumpra o seu compromiso coa Saída Sur».

“Carmela Silva ten que explicar por que razón o PSOE propuxo unha emenda á moción do BNG pedindo retirar a alusión ao horizonte do ano 2030 e á demanda expresa de que o tren de alta velocidade entre Vigo e Porto non sexa postergado en favor de ningunha outra conexión”, interpelou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.

O voceiro nacionalista na cidade denunciou a “obediencia mansa ao ditado de Ferraz e da Moncloa” do PSOE vigués malia a “teatralización” de Abel Caballero en defensa da Saída Sur.  “Insisten na súa estratexia de falsidades e confusión para tentar encubrir os incumprimentos do seu partido coas conexións ferroviarias de Vigo e Galiza”, afeou.

En contraposición, Igrexas puxo en valor o «compromiso firme e coherente do BNG para facer realidade esta conexión de alta velocidade en 2030 forzando a votación no Senado desta moción, na que o PSOE se abstivo a pesar das declaracións da senadora e tenente de alcalde en Vigo». Os nacionalistas insisten en que “a señora Silva deixou retratada a submisión do Goberno de Abel Caballero ás ordes do seu partido en Madrid”, criticou.

AVE Vigo-Madrid por Cerdedo

No mesmo sentido, o portavoz municipal do Bloque criticou as “mentiras descaradas” de Silva sobre a conexión directa de alta velocidade entre Vigo e Madrid, lembrando que foi o propio BNG quen «incorporou esta cuestión nos termos exactos nos que o formulaba o PSOE pedindo continuar cos traballos para a materialización da liña directa en Alta Velocidad Vigo – Madrid por Cerdedo”. “Foi a falla de acordo entre PP e PSOE, que é imprescindíbel polas condicións que fixa o regulamento da cámara alta, o que impediu que prosperase esa transacción”, remachou.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS