Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Arbo, a través da iniciativa de participación cidadá, presenta o III Concurso de Decoración Navideña “Arbo no Nadal”. O certame está dirixido ás Asociacións, colectivos e particulares do municipio, co obxetivo de dinamizar a participación activa da cidadanía de Arbo. Tamén de infundir un ambiente do Nadal decorativo baseado en valores como o traballo en común, a fraternidade ou a cooperación, dar protagonismo aos veciños e veciñas de Arbo e fomentar o comercio local.
O Concurso “quere fomentar a participación cidadá na decoración de Nadal nos fogares e comercios, coa idea de promover un ambiente festivo nas festas de Nadal” explica o alcalde de Arbo, Horacio Gil.
Como novidade este ano establécense tres categorías. A primeira é de casas e vivendas familiares. Poderán participar neste concurso, todas aquelas persoas que realicen a súa montaxe no seu balcón, xanela, porta, fachada de casa ou xardín exterior. A segunda é comercios e empresas. Optarán ao premio os locais de Arbo que decoren os seus establecementos, fachadas, balcóns ou escaparates. A terceira categoría é un premio especial para as comunidades de veciños, asociacións, barrios, rúas, parroquia ou plaza.
As persoas interesadas en participar no concurso, deberán formalizar as súas inscricións desde este sábado, 23 de novembro, ata o 19 de decembro. A recollida de inscricións así como a súa entrega será no rexistro xeral do Concello de Arbo ou poderán remitilas por facturación, correo ou mediante entrega en man, en sobre cerrado, indicando na embalaxe “III Concurso de Decoración Navideña “Arbo no Nadal”. Tamén na dirección de correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com. Os premios serán cestas da compra con produtos todos eles do comercio e adegas de Arbo, para promocionar o mercado local.