lunes, noviembre 18, 2024
InicioNewsComarcasUnha colección de moda baseada no Corpus Christi de Ponteareas corónase no...

Unha colección de moda baseada no Corpus Christi de Ponteareas corónase no Xuventude Crea 2024

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, asistiu hoxe á fase final das categorías de moda e deseño de xoias do Xuventude Crea 2024. Estas categorías son das especialidades máis consolidadas e concorridas deste certame. O obxectivo do concurso do Goberno galego é impulsar o talento da mocidade en moi diferentes disciplinas, 16 en total.

Nesta cita decidiuse que o primeiro premio en moda recaese no traballo Corpus Christi, presentado por Uxía Loureiro Caamaño, de Ponteareas. Na colección homenaxea á recoñecida festividade cunha colección baseada na arte floral con cores vivas e chamativos estampados e que está dedicada especialmente ás mulleres alfombristas. No segundo lugar destacou con Lilas a viguesa Ana Román Rodríguez, con pezas inspiradas na pintura de Monet e no deseñador Paco Rabanne. Pola súa banda, o terceiro recoñecemento foi outorgado a Laura Villar Loureiro, de Guitiriz, que co proxecto Lembranza que busca representar a esencia dos oficios e a artesanía tradicional de Galicia.

No acto, o xurado tamén elixiu os mellores deseños de xoias. Así, en primeiro lugar foi seleccionada Raquel Martín Míguez, de Rois, con Orixe, un conxunto de colar, pendentes e anel de prata e cuarzo. O segundo posto acadouno Yago Piñeiro Portela, de Cangas, cun xogo de colar e pendentes elaborados en prata e plástico co título Orquídeas. Isani Diana Gil Antón fíxose co terceiro dos recoñecementos con A armonía do origami e o metal composto por un pasador, un pendente e un broche de prata e papel.

As pezas están expostas na Igrexa da Universidade de Santiago, na Praza de Mazarelos, abertas ao público en xeral ata o 6 de decembro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS