lunes, noviembre 18, 2024
InicioNewsA terraComezan os traballos de exhumnación dos cinco de Cabreira en Salvaterra de...

Comezan os traballos de exhumnación dos cinco de Cabreira en Salvaterra de Miño

Esta mañá deron comezo os traballos de exhumación no cemiterio de Cabreira que permitirán coñecer os nomes das cinco persoas que permanecen enterradas no adro da igrexa de Cabreira dende hai 88 anos.

A investigación histórica previa, elaborada dende o grupo HISTAGRA, coa colaboración da Comisión pola recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña e outros investigadores locais, apunta o enterramento de cinco persoas, nun principio, descoñecidas, na fosa de Cabreira, tras ser paseados o 18 de outubro de 1936. A hipótese de identificación coa que se traballa sinala que alí poden estar enterrados os restos de cinco veciños de Moaña.

A exhumación lévase a cabo gracias a unha partida económica que destina o Estado para exhumar fosas que nas que permanecen os coñecidos como «paseados» durante a Guerra Civil.

Durante o comezo dos traballos de exhumación estiveron presentes as alcaldesas e concelleiras dos Concellos de Salvaterra de Miño e Moaña.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS