O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, ven de anunciar que a Xunta aprobará a oferta pública de emprego da Administración xeral para 2024, con 593 novas prazas de acceso libre antes de finais deste ano 2024.
Así o informou durante a intervención no pleno do Parlamento que tivo lugar este luns e que acolleu o debate da totalidade do proxecto de lei de orzamentos e a norma que o acompaña, relativa a medidas fiscais e administrativas.
Do mesmo xeito, o conselleiro asegurou durante a súa intervenión que a Xunta «deberá acometer nos vindeiros anos o reto dunha importante substitución xeracional» así como que se compromete a «aprobación, no próximo ano, dun plan estratéxico de recursos humanos para a vindeira década».