Dende este luns 18 de novembro e ata o día 22, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) inicia unha campaña especial de vixilancia do transporte escolar nas estradas galegas co fin de ofrecer un servizo seguro, especialmente para os nenos e nenas que empregan o transporte escolar para acudir aos seus centros educativos.
Durante as cinco xornadas da campaña, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil así como as policías locais que decidan sumarse á iniciativa, vixiarán especialmente que os vehículos circulen á velocidade permitida e que os seus condutores non fagan uso do teléfono móbil ou outros aparellos que supoñan distracción. Do mesmo xeito, tamén se prestará especial atención ao uso do cinto de seguridade e se realizarán controis de alcol e drogas aos conductores.
Dende a DXT aseguran que «os sinistros máis habituais nos que se ven involucrados os autobuses escolares están causados principalmente por circular a unha velocidade inadecuada ou por distraccións».
A campaña conta unha transcendencia especial en Galicia, debido a que é a comunidade autónoma con maior número de rutas escolares de España, contando con 3.800 liñas activas e 90.000 usuarios diarios.