A cerimonia de entrega dos II Premios do Instituto de Accesibilidade para España e Latinoamérica tivo lugar onte. Neste evento, un xurado internacional valorou máis de setenta proxectos de dez países. No seu veredicto, a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas foi finalista desta segunda edición dos Premios do Instituto de Accesibilidade. Ademais, obtivo unha mención especial na categoría Espazo Accesible.
Este Recoñecemento Internacional destaca polos proxectos de integración e accesibilidade que se desenvolven durante a festa do Corpus. Isto en colaboración coas asociacións Adapta, Avelaiña, Asprodico e A Once, convertendo unha tradición nun exemplo de accesibilidade para todos. Grazas a esta colaboración, desenvolvéronse proxectos innovadores que permiten a persoas con diferentes capacidades gozar plenamente da festa do Corpus.
Conseguir que calquera persoa poida usar e gozar as contornas con seguridade, comodidade e autonomía pode ser un reto para a nosa sociedade. Por iso, para a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi é prioritario contribuír a que as contornas, bens e servizos sexan totalmente accesibles. Co ánimo de cumprir con estes obxectivos, impulsáronse cinco proxectos para facilitar o acceso a toda á sociedade ao Corpus Christi.
A creación de alfombras florais nas rúas de Ponteareas durante o Corpus é unha tradición arraigada. Para a Asociación de Alfombristas foi máis aló, convertendo esta festividade nun exemplo de inclusión e accesibilidade para todos. Grazas a estas iniciativas, persoas con discapacidade puideron participar activamente na elaboración das alfombras, fomentando así a integración e a convivencia.
Este recoñecemento demostra que é posible celebrar tradicións centenarias e ao mesmo tempo promover valores como a inclusión, a accesibilidade e a solidariedade. «Agradecemos este recoñecemento e mención ao Instituto de Accesibilidade e continuaremos traballando en novos proxectos«, aseguran dende a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi .