viernes, noviembre 15, 2024
InicioNewsA RaiaDous feridos e cinco detidos nun atraco a unha xoiería en Valença

Dous feridos e cinco detidos nun atraco a unha xoiería en Valença

Cinco persoas, de nacionalidade italiana, foron detidas no asalto a unha xoiería en Valença do Minho. No atraco resultou ferido o dono do establecemento, un home de 70 anos, que foi sorprendido na tarde de onte cando estaba pechando o seu comercio. Ademais, tamén foi abatido por un policía un dos asaltantes.

Os feitos aconteceron preto das oito da tarde, cando os asaltantes irrumpiron na xoiería, localizada na Avenida Miguel Danatas, no centro urbano de Valença. Os atracadores ían armados e feriron na cabeza ao dono, que nese momento era a única persoa que se atopaba no seu interior. A ferida non reviste gravidade.

Inmediatamente os asaltantes foton sorprendidos pola Garda Nacional Republicana (GNR) e pola Garda Civil, que lles viñan seguindo a pista e tiñan coñecemento das súas intencións de actuar esa tarde. Ao intentar reducilos tivo lugar un tiroteo e foi abatido un dos presuntos atracadores que resultou ferido de gravidade, aínda que non se teme pola súa vida e foi trasladado ao hospital de Viana do Castelo.

Tanto a GNR como a Garda Civil atribúen a esta banda de ladróns varios roubos tanto en España como en Portugal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS