viernes, noviembre 15, 2024
InicioNewsActualidadeCortes de tráfico, rúas e horarios con motivo do Nadal en Vigo

Cortes de tráfico, rúas e horarios con motivo do Nadal en Vigo

Vigo prepárase para o acendido das súas luces de nadal este sábado 16 de novembro, o que marca o inicio da reestruturación temporal do tráfico e o peche de rúas na cidade.

A inauguración do alumeado terá lugar ás 20:00h e contará un recinto pechado con aforo para 7000 persoas con controis de acceso. Ademais, haberá dúas pantallas de emisión en directo para todos aqueles que non consigan entrar no recinto do acendido, unha delas en Policarpo Sanz e a outra na Farola de Urzaiz.

Por outra banda, o alcalde da cidade, Abel Caballero, informou que, ao igual que os outros anos, haberá zonas restrinxidas nas que non se poderán aparcar motos nin coches e que o tráfico estará cortado nalgunhas zonas do centro.

Do mesmo xeito, recomendou que «non se intente acceder ata o centro co vehículo privado, e pola contra se intente chegar en autobús, a pé ou aparcar nas aforas e ir ao centro camiñando».

O tráfico permanecerá pechado dende as 17:00h ata ás 23:30h, aproximadamente, segundo informou o Concello de Vigo.

Cortes do tráfico no centro da cidade (Concello de Vigo)

Este horario e os peches ao tráfico serán os mesmos durante as 39 xornadas consideradas de «máxima afluencia» a partir da data da inauguración, co que se restrinxirá o acceso e a circulación polo perímetro adicado ao Nadal na cidade. Haberá tres excepcións, os días 24 e 31 de decembro o tráfico abrirase ás 20:00h e o día 5 de xaneiro ás 22:00h.

Concretamente, os días de «máxima afluencia» fixados polo Concello de Vigo son os seguintes:

  • Novembro: 16, 17, 22, 23, 24, 29, 30
  • Decembro: 1, 2, 3, 4, 5, 6 ,7, 8, 13, 14, 15, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31
  • Xaneiro: 1, 2, 3, 4, 5, 6

As rúas que permanecerán pechadas ao tráfico, a excepción de garaxes, aparcamentos e transporte público, durante os días de «máxima afluencia» serán:

  • Rúa de Policarpo Sanz
  • Rúa de Darío Álvarez Blázquez
  • Rúa da Reconquista entre as rúas Marqués de Valadares e Policarpo Sanz
  • Rúa de Velázquez Moreno entre Príncipe e Marqués de Valadares
  • Rúa Plaza Compostela entre Velázquez Moreno e Colón
  • Rúa Arenal entre Pontevedra e Colón
  • Rúa Concepción Arenal cara Colón
  • Rúa de Hernán Cortés entre as rúas Urzaiz e María Berdiales
  • Rúa García Barbón entre as rúas Alfonso XIII e Colón
  • Rúa de Colón
  • Rúa de Urzais entre a Avda. de Gran Vía e a rúa Uruguay
  • Avda. Gran Vía ascendente entre as rúas de Urzaiz e María Berdiales
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS