viernes, noviembre 15, 2024
InicioNewsActualidadeActividades de ocio para todas as idades esta fin de semana nas...

Actividades de ocio para todas as idades esta fin de semana nas comarcas

Como cada fin de semana, as comarcas énchense de actividades e eventos de ocio para o desfrute de todos os veciños e veciñas.

Venres 15 de novembro

O ‘Circo de Pinocho‘ aterra esta fin de semana en Salceda de Caselas con funcións o venres, sábado e domingo.

Espectáculo apto para todos os públicos e con entradas a partir dos 10 euros.

O Multiúsos da Xunqueira, en Redondela, acollerá a conferencia «Juventud, Internet y Violencia Sexual, ¿Quién Gana?».

A charla será impartida por Amelia Tiganus, ás 19:00h.

O investigador Anxo Coia ofrecerá unha charla-coloquio en Ponteareas sobre o autor do Cruceiro do Hío, Ignacio Cerviño.

A conferencia dará comezo ás 20:00h na Sala Multiúsos do Auditorio Reveriano Soutullo.

Sábado 16 de novembro

Durante as xornadas do sábado 16 e o domingo 17 na parroquia de Arantei, en Salvaterra de Miño, terá lugar a XXIV Festa do Viño Novo, con viño gratis, postos de gastronomía e moita música.

O evento terá lugar no interior do pavillón de deportes de Arantei.

Ponteareas acolle a actuación do ‘Mago Teto‘, un espectáculo que mestura a maxia coa música. O evento terá lugar no Auditorio Reveriano Soutullo ás 19:00h.

O Concello de Soutomaior albergará durante toda a fin de semana o «American Motor Show» un espectáculo de automobilismo acróbatico para todas as idades.

Terá lugar no Peirao de Arcade cun pase ás 17:00h o sábado e outro ás 12:00h o domingo.

O Complexo Natural Cemar de Mondariz Balneario celebra a Festa do Magosto Intercultural.

A partir das 17:00h haberá música, castañas, chocolate, baile e concurso creativo, entre outras actividades. A entrada é de balde.

Baiona festexa o seu Magosto Popular con castañas de balde para todas as persoas que se acheguen.

A partir das 18:30h na praza do Concello. Haberá tamén unha zona gastronómica coa castaña como ingrediente principal.

A obra de teatro infantil «A Teteira de Kabul» da compañía Xarope Tulú chega ao Concello da Guarda.

Está indicado para un público maior de 6 anos. A función dará comezo ás 18:00h no Centro Cultural.

Domingo 17 de novembro

O Auditorio Municipal do Rosal acollerá o espectáculo musical «Opus» do trompetista Manuel Madarnás xunto coa Banda de Música Popular de Tui e coa colaboración dos músicos Sic Salem, Jorge Pimentel Coya, Iris Abril e Juan Díaz.

O evento dará comezo ás 19:00h con entrada de balde ata completar aforo.

No concello de Salvaterra de Miño, o grupo de teatro infantil «Ata Sempre» de Alxén interpretará a obra «Bonecas» ás 18:00h na Casa Cultural de Salvaterra.

O grupo de teatro «Pena do Equilibrio» actuará coa súa obra «Día Dixital» na Casa Cultural de Lira, en Salvaterra de Miño.

A función dará comezo ás 17:00h.

Xornada gastronómica no Centro Cultural de Pontellas, en Porriño coa XIX Festa da Zorza.

A festividade dará comezo ás 11:00h ata agotar existencias e contará con varias actuacións musicais de música tradicional galega.

No marco do ciclo de teatro Tea Trea de Ponteareas chega ao Auditorio Reveriano Soutullo a compañía «Pedra do Cabalo» coa súa obra de teatro «Avós de Gardería«.

A función dará comezo ás 18:00h.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS