jueves, noviembre 14, 2024
InicioNewsActualidadeVigo é a gran protagonista do anuncio da 'Loteria de Navidad' 2024

Vigo é a gran protagonista do anuncio da ‘Loteria de Navidad’ 2024

A presentación do spot de ‘Loteria de Navidad‘, esperado por gran parte da cidadanía cando se aproxima o Nadal, tivo lugar hoxe en Madrid e para sorpresa de moitas e moitos galegos, foi rodado na cidade de Vigo.

A estrea do anuncio da ‘Loteria de Navidad’ é sempre unha data marcada no calendario dos españois, e que para moitas persoas marca o inicio do Nadal.

O anuncio desta tempada titulado «Yo también comparto» ten unha duración de 3:29 minutos, onde, segundo explicou o seu director creativo, Davidi Vigil, «o obxectivo é que todo o mundo se sentira identificado e representado».

A través do spot, descrubimos a conmovedora historia de Julián, interpretado polo actor Amadeo Marín, e de como todo un país se une para compartir un décimo de Nadal con el, mostrando un momento de grande solidariedade.

A rodaxe en Vigo

No pasado mes de outubro, un equipo de rodaxe trasladouse á cidade olívica para gravar algunhas das esceas que se poden ver no spot publicitario, como pode ser o Porto de Vigo ou algunas das rúas máis céntricas da cidade.

A produtora que se atopa detrás desta rodaxe é a catalana Blank Films, que non é a primeira vez que se desprazan a esta cidade galega para filmar outras campañas como «Mecano» para Pescanova, en 2020 ou «La fuerza de un país» para Correos, en 2022.

Podes ver o anuncio completo aquí:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS