jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeSalvaterra prepárase para a X Festa do Viño Espumoso que este ano...

Salvaterra prepárase para a X Festa do Viño Espumoso que este ano contará cun día máis de celebración

O Concello de Salvaterra de Miño prepárase para unha das súas festas invernais máis emblemáticas, a Festa do Viño Espumoso D.O Rías Baixas que este ano chega á súa décima edición.

O evento terá lugar os días 6, 7 e 8 de decembro e este ano contará cun día máis de celebración debido a que o venres coincide en festivo.

A festa, ao igual que nas anteriores edicións, contará cunha carpa onde se albergarán os grandes protagonistas, os espumosos. En total, haberá once adegas participantes que ofrecerán os seus viños espumosos acompañados de tapas ademais de doces, cafés e chocolates.

Ademais do viño e a gastronomía, algo que é fundamental nesta festa é a música. Durante os tres días de evento, o público poderá desfrutar de grupos como: ‘Los Lunes al Sol, ‘La Mafia’, ‘Terapia de Grupo’, ‘La Buena Vida’, ‘Alter Nós’, ‘A de Sebas’, ‘La Fraga’ ou ‘Rukan Rock Blues’, entre outros.

A inauguración da festa terá lugar o venres día 6 de decembro ás 18:00h coa actuación da A.C. Pontenova e a apertura dos diferentes postos de venda.

O sábado 7 de decembro comezará a festa ás 12:00h e ás 18:30h haberá ‘Show de Cócteles de Espumoso’ a cargo de Sebaristas.

Xa no día de remate, o domingo 8 de decembro ás 11:30h terá lugar o acto de nomeamento de novos cofrades da Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos para posteriormente comezar o tradicional degüelle a sable e brindis a cargo de Luis Paadín e Alejandro Paadín, Ambassadeurs du Champagne de España e formadores homologados de cava

«O obxectivo da festa é claro, poñer en valor os viños espumosos da nosa comarca, un produto, que sen dúbida vai gañando adeptos ano tras ano» asegura a alcaldesa do municipio, Marta Valcárcel.

Master Class en Viños Espumosos

No marco da X Festa do Viño Espumoso, a Cofradía do Viño do Condado do Tea e Espumosos organiza o luns 4 de decembro unha Master Class sobre coñecementos prácticos na elaboración de viños espumosos polo método tradicional impartido por Agustí Torelló I Sibill.

A formación está dirixida principalmente a profesionais do sector e ten un custe de 40 euros. Para máis información, enviar un correo electrónico a cofconteaespu@gmail.com.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS