jueves, noviembre 14, 2024
InicioO PaísA CoruñaSalvaterra acollerá este venres a VII gala de 'Vilas en Flor'

Salvaterra acollerá este venres a VII gala de ‘Vilas en Flor’

O Concello de Salvaterra será o encargado de acoller a entrega de galardóns de Vilas en Flor 2024, o recoñecemento que premia o esforzo de 42 municipios galegos por mellorar os seus espazos verdes, sumando tres municipios máis que na anterior edición.

O acto terá lugar este venres 15 de novembro ás 12:00h no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño.

Vilas en Flor, impulsado en Galicia pola Fundación Juana de Vega xunto a Asvinor e Agaexar, conta nesta edición co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, a través do Instituto de Estudos do Territorio, así como de empresas do sector ambiental como son Husqvarna, Makita e Rain Bird.

A finalidade do galardón é recoñecer a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado do entorno. Deste xeito, o concello anfitrión este ano, Salvaterra de Miño, leva participando no certame dende o ano 2019.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS