O Concello de Mos asinou esta mañá os convenios de colaboración para as subvencións anuais a clubes e deportistas locais. Foi no salón de sesións da Casa Consistorial e están incluídas no orzamento municipal deste 2024. Trátase dos 14 convenios con clubes e deportistas locais. No acto de sinatura estiveron presentes a alcaldesa, Nidia Arévalo, os beneficiarios e/ou presidentes dos clubes, e a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez.
Os 14 beneficiarios son os clubes de fútbol Alerta, UD Mos, UD Mos feminino e Louro Tameiga. Tamén está o club de xadrez Mos, o de natación e as escolas de patinaxe. O Cub de Patinaxe Artística Xiramos, o club tenis de mesa de Mos e as escuderías Maki-Sport e sur do Condado tamén son beneficiarios. En canto a deportistas individuais, está o nadador Juan Ferrón, bailarina Patricia Martínez e a ciclista Susana Alonso Carballo. Estas entidades e deportistas reciben en concepto de subvencións un total de 83.800 euros.
Os convenios de colaboración entre o Concello de Mos e clubes e deportistas individuais asínanse anualmente. A finalidade de contribuir a financiar a realización da actividade de desenvolvemento do programa de dinamización do proxecto deportivo da entidade durante a tempada deportiva.
Respecto dos clubes e deportistas beneficiarios cómpre destacar “a súa valía e o esforzo e superación demostrados durante as súas respectivas traxectorias deportivas. Todos eles son auténticos exemplos de traballo duro, esforzo e deportividade para toda a cidadanía mosense e un verdadeiro orgullo para o Concello de Mos” declararon a rexedora local e a edil de Deportes, Arévalo e Rodríguez Carrera respectivamente.