jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeDetido o presunto autor do crime machista en Baiona

Detido o presunto autor do crime machista en Baiona

Este xoves foi detido pola Garda Civil o presunto asasino de Estela B.S., a moza de 36 anos residente en Baiona que foi atopada morta na vivenda da súa exparella na parroquia baionesa de Belesar o pasado venres 8 de novembro.

Segundo confirmaron as autoridades, Humberto González Rodríguez, o presunto autor do crime, chamou ao cuartel da Garda Civil de Baiona para entregarse alegando que «non aguantaba a presión» da busca e pouco tempo máis tarde foi detido na mesma parroquia de Belesar, onde residía e onde sucederon os feitos.

Concretamente, o home foi detido sobre ás 7:00h desta mesma mañá, tras seis días de busca e case unha semana escondido nun cuberto moi próximo á súa casa.

Deste xeito, tras a súa detención, foi trasladado ao cuartel de Vigo, onde se lle está a tomar declaración e, unha vez finalizada, pasará a disposición do xulgado número 4, especializado en violencia machista.

O detido tivo unha relación sentimental coa muller e tiña denuncias previas por violencia de xénero. Concretamente en abril, o Xulgado de Violencia contra a Muller ditou unha orde de afastamento da vítima, que estaba rexistrada no sistema de seguemento VIOGÉN, cualificada como «risco medio».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS