jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeAdxudicada a Fase I do contrato de obra do saneamento en Ribadetea

Adxudicada a Fase I do contrato de obra do saneamento en Ribadetea

O Concello de Ponteareas ven de informar que Augas de Galicia vén de adxudicar a Fase I do contrato de obra de rede de saneamento nos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido na parroquia de Ribadetea.

O tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, e a concelleira de Infraestruturas Xerais, Raquel Bautista, amosan a súa satisfacción por este «avance imprescindible para mellorar a calidade de vida desta parroquia e protexer o medio ambiente”.

A obra adxudicada ascende a un importe de 1.173.357,00 € + 21% IVE, 1419761.97 €, e contará cun prazo inicial de execución de seis meses para crear unha rede de saneamento nos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido e a conexión coa rede existente na parroquia de Ribadetea, que conduce as augas residuais á estación de bombeo da Freixa para, posteriormente, dirixilas á depuradora da Moscadeira, situada na parroquia de Ponteareas.

Baixo este contrato, a empresa adxudicataria, acometerá a construción de 2 estacións de bombeo novas, na Freixa e en Mourade, así como a renovación dos equipos de bombeo da estación de bombeo xa existente da Freixa, xunto coa correspondente rede por impulsión.

Seguindo o deseño do proxecto licitado, na execución das redes que funcionan por gravidade empregaranse tubaxes de PVC de diámetros de 250 e 315 mm. Serán, en total, 3.225 metros de rede, divididos en 3 treitos principais e os seus correspondentes ramais.

Estas obras sentan as bases para dotar dun servizo de saneamento eficiente e acorde ás súas necesidades a unha poboación de máis de 1.000 habitantes da parroquia de Ribadetea. Ademais, permitirán reducir os riscos de contaminación nas proximidades do río Tea, unha zona catalogada como Zona de Especial Conservación e parte da Rede Natura 2000.

Estes traballos, licitados por máis de 1,5 M€, enmárcanse no convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ponteareas, cun orzamento de preto de 1,7 M€. A Xunta achega o 80 % do investimento, con máis de 1,3 M€ e executará as obras; e o Concello destina ás actuacións case 334.000 euros, o 20 % restante, e disporá os terreos.

As actuacións serán cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Plan Estratéxico da Política Común de España 2023-2027 (PEPAC) en Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS