jueves, noviembre 14, 2024
InicioNewsA terraRueda defende un modelo de financiamento que permita "prestar os mesmos servizos...

Rueda defende un modelo de financiamento que permita «prestar os mesmos servizos públicos en toda España»

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou que o novo modelo de financiamento autonómico teña en conta cuestións como a dispersión ou envellecemento, que afectan especialmente a territorios como Galicia e Castela e León, e que se impulsen de forma decidida as conexións do noroeste.

Así o manifestou durante a súa participación no Foro Ancares, organizado polos xornais El Progreso de Lugo e Diario de León, e no que mantivo un debate co seu homólogo en Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco sobre cuestións como o financiamento autonómico, a demografía, o estado das infraestruturas, a industrialización ou o turismo.

Rueda recordou que «tanto a dispersión como o envellecemento supoñen un sobrecusto que cifrou en arredor de 500 millóns de euros para prestación de servizos básicos de obrigado cumprimento e que ten que ser compensado».

Avogou así mesmo «por que o novo modelo se acorde nun marco multilateral e partindo dunha situación de igualdade entre as comunidades autónomas«. Así, sinalou, “o modelo de financiamento ten que seguir garantindo unha solidariedade básica” e que “sigamos tendo o financiamento para seguir prestando uns servizos que sexan iguais en toda España”.

O reto demográfico

O reto demográfico é unha das cuestións directamente relacionada co financiamento, e que afecta a Galicia e Castela e León, así como a un gran número de rexións españolas e europeas.

Para facerlle fronte, Rueda puxo en valor algunhas das medidas que está poñendo en marcha o Goberno galego como «a gratuidade das escolas infantís ou a Estratexia Retorna«.

Neste sentido, incidiu en que “non hai que renunciar a medidas de fomento da natalidade”, engadindo que estas teñen que complementarse coa atracción de poboación estranxeira, para o que cómpre que se axilicen os trámites a nivel estatal.

Impulso ás conexións do noroeste

No eido das infraestruturas, ambos presidentes coincidiron na necesidade de dar un novo impulso ás conexións do noroeste, tanto por estrada como as ferroviarias, e exemplificaron esa necesidade no Corredor Atlántico.

Rueda fixo fincapé en que “hai que tomarse en serio as infraestruturas que conducen aos nosos territorios, que é como tomarse en serio os nosos territorios”, e sinalou que estas infraestruturas son claves para impulsar o reequilibrio entre as diferentes zonas

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS