sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeO Porriño lanza un novo Programa Integrado de Emprego para 100 persoas

O Porriño lanza un novo Programa Integrado de Emprego para 100 persoas

O Concello do Porriño oferta o Programa Integrado de Emprego 2024-2025 que iniciará a súa actividade proximamente cun orzamento de 275.000 euros, 220.000 euros de achega autonómica e 55.000 euros de fondos municipais.

O novo PIE está deseñado para promover a inserción laboral e mellorar a ocupabilidade de 100 persoas desempregadas no concello que se atopen rexistradas como demandantes de emrpego.

Ademais, renováronse prazas específicas para grupos vulnerables, incluído persoas con discapacidade, vítimas de violencia de xénero, menos de 30 anos, maiores de 45 e parados de longa duracion.

«O noso obxectivo é alcanzar un mínimo do 40% de inserción laboral» asegura a concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas.

As reunións informativas realizaranse o luns 18 e martes 19 de novembro e están abertas a todas as persoas interesadas que desexen informarse sobre este programa e/ou inscribirse nel. Terán lugar ás 10:00h na segunda planta do Edificio Multiusos de Torneiros.

A concelleira explica que «ao longo do programa, os participantes recibirán orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de procura de emprego e fomendo da capacidade emprendedora, entre outras actividades». Ademais, «ofreceranse itinerarios de formación adaptados aos seus perfís e necesidades, así como prácticas profesionais non laborais en empresas».

A asistencia ás accións do programa será remunerada cunha bolsa por importe de 10€/día. Para favorecer a participación poñeranse en marcha medidas de conciliación para o coidado de menos ou mariores a cargo.

Por outra banda, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo reiterou a «firme aposta do Concello pola inserción laboral e o fomento do emprego. O obxectivo é que toda a veciñanza do Porriño teña a oportunidade de mellorar a súa situación laboral e acceder a un posto de traballo digno».

Polo de agora, o actual PIE que remata o 15 de decembro conseguiu unha inserción do 78%. As persoas interesadas en participar no PIE 2024-2025 poden inscribirse na oficina de Porremprego en Torneiros, a través do teléfono 986 33 82 17 ou no correo electrónico orientacion@porremprego.org.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS