O Ateneo Amando Garra presenta un ciclo de conferencias adicadas ao agrarista e republicano ponteareán Amado Garra, con motivo do Ano Amado Garra que celebra este colectivo.
Nelas, participarán historiadores e investigadores especialistas no agrarismo, o republicanismo, a emigración galega en Portugal e en Amado Garra.
A primeira das conferencias celebrarase o venres 15 de novembro ás 20:30h, na Casa Cultural de Areas, baixo o título «Lisboanos, entre as terras de destino e as de orixe. Notas para o caso de Amado Garra». A conferencia será impartida por Carlos Pazos-Justo, profesor na Universidade do Minho.
O venres 22 de novembro á mesma hora realizarase a segunda das conferencias no Centro Cultural A Antorcha de Cristiñade, co título «Garra e o agrarismo«. Será impartida por Miguel Cabo, doutor e catedrátido da USC e Henrique Hervés Sayar, profesor de Ensino Secundario e profesor do Centro Asociado da UNED en Lugo.
O peche das xornadas terá lugar o 5 de decembro ás 20:30h no Centro Cultural de Xinzo coa conferencia «Garra e o republicanismo» da man do historiador Francisco Candeira Mosquera e Roberto Mera, investigador e biógrafo de Amado Garra.