jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsSucesosFalece unha muller no incendio da súa vivenda no Grove

Falece unha muller no incendio da súa vivenda no Grove

Noite tráxica no municipio do Grove. Unha muller faleceu logo de que se producira un incendio no salón da súa vivenda sobre as 23:20 horas, segundo explican desde o 112 Galicia.

Emerxencias de Galicia indica que «un incendio nunha vivenda do Grove deixa unha muller falecida e cinco pesoas feridas» e que un deses feridos foi evacuado ao centro hospitalario de referencia mentres que as demais persoas se desprazaron a un Punto de Atención Continuada (PAC) polos seus propios medios.

No momento do incendio, había dúas persoas no interior da vivenda, situada na rúa Viña de Millán. De feito, foi un home, que se atopaba no primeiro andar da casa, quen contactou co 112 Galicia en primeira instancia. A muller que, finalmente faleceu, atopábase na planta baixa. Foi alí o lugar no que comezou o lume, tal e como apuntan desde o 112 Galicia.

Durante a súa chamada, que se produciu cara ás 23:20 horas do martes, o alertante explicou que lograra saír ao balcón. Nos instantes posteriores, un familiar alertou tamén ao 112 Galicia dos feitos e confirmou que había unha muller no baixo da vivenda.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Salnés, do GES e de Protección Civil do Grove, do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo e da Garda Civil. Ao mesmo tempo, informouse aos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por se fose necesaria a súa intervención.

O lume comezou no sofá

O 112 Galicia indica que, pasada a medianoite, deuse por apagado o lume, que queimou un salón por completo e que se orixinou nun sofá, e confirmouse o falecemento dunha muller que foi localizada nesta mesma estancia.

Os servizos de emerxencias rescataron ao home cunha escaleira a través do balcón, e outras catro persoas que tentaron entrar na vivenda para axudar resultaron tamén afectadas por inhalación de fume.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS