jueves, noviembre 14, 2024
InicioO PaísA CoruñaOs demandantes de emprego deberán firmar un acordo de "procura activa de...

Os demandantes de emprego deberán firmar un acordo de «procura activa de traballo»

Os demandantes de emprego en Galicia deberán asinar a partir de agora un acordo no que se comprometen a ter unha procura activa de emprego e non poderán «rexeitar traballos que se adapten ao seu perfil nin cursos formativos».

Así o avanzou o presidente do goberno galego, Alfonso Rueda tras o consello da Xunta. Do mesmo xeito asegurou que «os que non cumpran os requisitos serán retirados das listas de demandantes de emprego e de todos os dereitos que reciben por estar nestas listas«.

Pola súa banda, o conselleiro de Emprego, José González afirmou que se trata dunha medida que permitirá «optimizar os recursos públicos» e que só estarán nas listas de desemprego «as persoas que realmente están interesadas en atopar un traballo».

Este acordo, que deberán asinar tanto as persoas que cobran prestación como as que non, é un paso máis no programa de seguimento intensivo da demanda de emprego, que comezou en xuño do pasado ano e que incorporou este ano o uso a IA a través da ferramenta EMi.

No caso de non asinar ou incumprir o acordo, a persoa será «retirada de forma inmediata» das listas e se se trata dunha persoa que non recibe o subsidio de desemprego, suporá que perderá o acceso á mediación, tutorización ou priorización nos procesos de intermediación do Servicio Público de Emprego de Galicia (SPEG) coas empresas.

No caso das persoas que cobran o paro e non queiran asinar o acordo, serán retiradas das listas e como consecuencia deixarán de percibir a prestación e perderán a antigüidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS