jueves, noviembre 14, 2024
InicioNewsComarcasA Garda Civil intervén 4.000 funkos falsificados en Mos

A Garda Civil intervén 4.000 funkos falsificados en Mos

Axentes da Garda Civil interviron un total de 4.088 funkos falsificados así como 837 bonecas e 256 xogos de cartas por carencia de documentación de procedencia. Así o fai saber a benemérita nun comunicado no que apunta que «a propietaria do establecemento está sendo investigada penalmente como suposta autora dun delito contra a propiedade industrial e contrabando».

Deste xeito, a patrulla fiscal e fronteiras da Comandancia de Pontevedra levou a cabo unha inspección nun establecemento ao por maior do concello de Mos co obxectivo de detectar produtos de contabando, de orixe fraudulento ou inseguros para os consumidores así como para as usuarias. A propietaria do negocio non acreditou documentalmente a procedencia nin o valor dos produtos polo que podo constituír un delito contra a propiedade industrial. Incautaron toda a mercancía, «precintada en 48 caixas de cartón depositadas no establecemento a disposición da Autoridade Xudicial».

As dilixencias leváas o Xuzgado de Primera Instancia e Instrucción de guarda do Porriño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS