martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas inicia as obras da nova escola infantil

Ponteareas inicia as obras da nova escola infantil

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro e a concelleira de Urbanismo, Silvia F. Táboas achegaronse ao parque Ferro-Ucha para supervisar o replanteo da obras da nova escola infantil municipal situada nunha parcela co uso para equipamento público ubicada na rúa Trovador Xoán García de Guillade na contorna do parque Ferro-Ucha. No terreo mantiveron unha reunión coa dirección facultativa; arquitecta, director de execución, xefe de obra e empresa construtora.

A nova escola infantil estará nunha parcela de máis de 2.000m 2 na que as nenas e os nenos poderán desfrutar dunha contorna verde ampla. O novo edificio contempla seis aulas, sala de usos múltiples, espazo para lavandería, cociña, almacén, despachos para coidadoras/es, vestiario, e un patio exterior de 50 m 2 .

De planta baixa, as aulas serán superiores aos 30 m2 e as destinadas a menores de dous anos disporán de áreas diferenciadas para descanso e hixiene. Dende todas as aulas poderase acceder ao patio interior que terá un voo con cuberta plana para protexelo da incidencia solar directa en caso de necesidade. O edificio estará delimitado por un cerramento exterior de malla, delimitado así tres zonas de patio vexetal protexidas. Estes patios, ao contrario do interior terán céspede e árbores, serán zonas para a realización de actividades en contacto coa natureza como a disposición de hortas, pero protexidos da contorna urbana próxima.

A concelleira de Urbanismo sinala a importancia destas obras «históricamente demandadas polas familias e que este goberno foi capaz de comezar para que as nenas e os nenos de Ponteareas dispoñan dun espazo agradable, amplo, aberto á contorna natural, actualizado e coas medidas de seguridade requeridas polas normativas actuais» e indicou que “é fundamental dotar de espazos de calidade para o día a día por iso este goberno insistíu en axilizar as obras máis importantes como as realizadas nos centros educativos e nas aulas do CRA A Picaraña, tamén agora coa redacción do proxecto da nova biblioteca ou a apertura da sede da UNED, edificios que dan vida, que dinamizan e que posibilitan que a nosa infancia e mocidade teñan onde estudar e avanzar”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS