martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsActualidadeSalvaterra acolle este sábado o III Desfile de Moda Actual e Traxe...

Salvaterra acolle este sábado o III Desfile de Moda Actual e Traxe Tradicional

A Asociación Cultural Ondiñas do Mendo de Leirado organiza este sábado 9 de novembro a terceira edición do Desfile de Moda Actual e Traxe Tradicional que dará comezo ás 19:30h na Casa da Cultura de Leirado, en Salvaterra de Miño.

O evento contará con propostas de moda tanto para o público infantil como adulto, así como vestimenta para diferentes ocasións como eventos, roupa laboral ou tradicional.

O desfile divídese en dúas partes, a primeira parte de moda actual, na que participan e colaboran catro comercios de Salceda de Caselas: Benoit, +QModa, Raquelita e Yolanda Moda e seis de Ponteareas: Adobiarte, Atmósfera Sport, Dándara, Elena Pérez, El Escondite de Montse e Nua,nú.

A segunda parte estará adicada á roupa tradicional galega, onde se mostrarán sdiferentes forma do traxe rexional: de gala e de faena, entre outros.

Así e todo, as persoas encargadas de mostrar os diferentes deseños serán integrantes da propia asociación e achegados e achegadas da contorna. O prezo da entrada é de 3 euros co fin de recaudar fondos para a asociación.

Dende a asociación aseguran que o seu obxectivo «é ofrecer actividades de ocio na parroquia de Leirado, dar visibilidade ás tendas locais da contorna e ao mesmo tempo recaudar fondos para a propia asociación co fin de non perder a cultura de baile e música tradicional» e, ao mesmo tempo «mostrar e ensinar sobre a razón da indumentaria tradicional«.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS