martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasO Porriño pon en marcha "Forza Valencia, amunt!"

O Porriño pon en marcha «Forza Valencia, amunt!»

O Concello de Porriño organiza unha marcha solidaria baixo o lema «Forza Valencia, amunt», que terá lugar o vindeiro domingo 17 de novembro. Esta iniciativa ten como obxectivo axudar ás persoas afectadas pola DANA que asolou a rexión de Valencia. A marcha, que é apta para todas as idades, percorrerá 4 km polo centro urbano e o paseo do Louro, con saída desde a praza Arquitecto Antonio Palacios ás 16:30 h.

Terá unha duración de aproximadamente unha hora. Para participar, só é necesario inscribirse na plataforma habilitada en www.oporrino.org e realizar un donativo a partir de 5 euros, que se destinará a través de Som Solidaritat para axudar a quen máis o necesitan nesta difícil situación.

O Porriño co pobo valenciano

Esta andaina é unha das múltiples iniciativas solidarias que O Porriño impulsou para canalizar a solidariedade da súa veciñanza e asegurar que a axuda chegue a quen a necesita. Desde o primeiro momento, os porriñeses mostraron o seu apoio, e a gran recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade realizada a pasada fin de semana logrou cargar douss trailers de material con máis de 70 palés. Un deles xa foi entregado en Valencia, mentres que o segundo partirá este domingo con destino a Alfafar.

O alcalde de Porriño, Alejandro Lorenzo, convida “a todo o mundo a unirse a esta marcha solidaria e a outras iniciativas nas que estamos traballando para recaudar fondos e que pronto anunciaremos. É un momento para demostrar a nosa solidariedade co pobo valenciano, que está a pasar por un momento moi difícil, e a veciñanza do Porriño está facéndoo desdes o primeiro momento. Non os esqueceremos e xuntos podemos axudar a que todo isto pase canto antes para eles”.

Ademais, o dispositivo de emerxencias que estivo traballando sen descanso en Benetúser desde a madrugada do sábado, composto por axentes da policía local, operarios de servizo, unidade de dron, catro vehículos e bombas de achique, continuará o seu labor ata o sábado. Será entón cando un retén de Protección Civil do Porriño tomará o relevo para seguir apoiando na zona afectada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS