martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasInvestigan o asasinato dunha muller en Baiona como un posible caso de...

Investigan o asasinato dunha muller en Baiona como un posible caso de Violencia de Xénero

As forzas e corpos de seguridade do Estado están investigando a morte dunha muller en Baiona como un posible caso de violencia machista. O suceso tivo lugar na parroquia de Belesar sobre as 5:00 horas da madrugada cando un particular alertou a Urxencias Sanitarias sobre o achado dunha muller que se atopaba incosciente na rúa, tal e como indica o 112 Galicia.

Segundo as últimas informacións, a persoa que alertou a Urxencias Sanitarias fora a propia ex parella da muller, pero cando chegaron os efectivos xa non se atopaba no lugar dos feitos. Os profesionais soamente puideron certificar a morte de E.B.S de 36 anos de idade.

Agora, as forzas e corpos de seguridade do Estado buscan a súa ex parella, que responde ao nome de Humberto González Rogríguez, de 38 anos de idade.

Sistema VioGen

Tal e como explicou o subdelegado do Goberno, Abel Losada, a muller estaba rexistrada dentro do sitema de VioGen e tiña unha calificación de «risco medio» e o home non podía achegarse a ela a menos de 200 metros por unha orde de afastamento, que, todo parece indicar, se saltou.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS