martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsActualidadeAs Neves mellora as instalacións do seu centro de día

As Neves mellora as instalacións do seu centro de día

O Centro de Día do concello de As Neves vén de realizar traballos de mellora nas súas instalacións grazas a unha inversión de 25.000€ que recibiu da Xunta de Galicia. Este centro de día forma parte da rede pública autonómica de centros de día e atende a 25 persoas maiores.

Os traballos de mellora que se realizaron, e que foron executados polo concello, son a substitución das ventás do tellado para evitar filtracións, a modernización da iluminación e o pintado das paredes con tons máis claros para aportar luminosidade e facer o espazo máis acolledor. Así mesmo, tamén se renovaron os aseos para facelos máis accesibles.

Co fin de coñecer estas melloras, o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou as instalacións xunto ao equipo de goberno do municipio pontevedrés e destacou «o compromiso do Concello das Neves en ofrecer espazos seguros e de calidade para as persoas maiores da comunidade». Do mesmo xeito, eloxiou «a cooperación entre o goberno municipal e a Xunta destacando o esforzo continuo de ambas administracións por mellorar os espazos públicos».

Pola súa banda, o alcalde José Manuel Alfonso subliñou que «estas melloras son unha mostra do traballo diario que realizamos para asegurar servizos de calidade no noso municipio. Nas Neves escoitamos e atendemos ás necesidades da veciñanza, promovendo a colaboración institucional para ofrecer solucións reais e beneficiosas».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS