jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadePonteareas recibe 25.000€ para destinar ao proxecto de voluntariado 'Pontea Interxeneracional'

Ponteareas recibe 25.000€ para destinar ao proxecto de voluntariado ‘Pontea Interxeneracional’

O Concello de Ponteareas recibe 25.000€ da Consellería de Cultura, lingua e Xuventude para destinar ao proxecto «Pontea Interxeneracional» que se desenvolve dende a Oficina Municipal de Voluntariado.

O obxectivo da subvención é premiar a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeneracional no rural vinculados ao proxecto piloto ‘Talento Interxeneracional’, no marco do Plan de Recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

O ‘Pontea Interxeracional’ recoñece a experiencia das persoas maiores en ámbitos produtivos amosándolla á xuventude para prolongar a súa sabedoría e non deixar que se perdan estes coñecementos. O proxecto favorece o enriquecemento persoal, social e laboral da mocidade ponteareá abríndolle novas perspectivas e oficios que poden ser unha opción para desenvolver a súa vida laboral na vila.

O ‘Pontea Interxeracional’ deseña estas actividades tendo en conta tres eixos, o turístico, a cohesión tecnolóxica e dixital e a protección do medio ambiente. “Unha localidade que amose tradición e innovación será capaz de potenciar o seu desenvolvemento económico. As accións deben ser deseñadas con amplitude de perspectivas que se nutran entre elas. Así as nosas profesións, señas de identidades ou patrimonio e medio ambiente poden ser un potente atractor turístico”, subliña a alcaldesa Nava Castro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS