jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeConcentracións en todos os concellos e centros de traballo en solidariedade coa...

Concentracións en todos os concellos e centros de traballo en solidariedade coa catástrofe provocada pola DINA

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, UGT Galicia e USO Galicia convocan un paro de dez minutos o venres día 8 de novembro ás 12:00h en solidariedade coas vítimas da catástrofe ocasionada pola DINA no levante español, principalmente na provincia de Valencia.

Dende os sindicatos fan un chámamento ás traballadoras e traballadores da comunidade autónoma de Galicia a secundar este xesto solidario que terá lugar en todos os concellos e centros de traballo.

A acción que está convocada en todo o estado pretende «facilitar que os traballadores e traballadoras poidan expresar ás familias o seu pesar e condolencias polas persoas falecidas. Do mesmo xeito, amosar o apoio a quen perdeu o seu patrimonio, ve incerteza sobre o seu emprego ou a viabilidade dos negocios e empresas que se viron afectadas» informan dende os sindicatos.

Por outra banda, «quérese instar á mobilización dos recursos públicos necesarios para a protección dos empregos, a actividade económica, o coidado e o aloxamento das persoas afectadas» afirman as agrupacións de traballadores. Ademais, afirman que «valoran positivamente o primeiro paquete de medidas publicado o pasado mércores no BOE» pero reclaman que «se complete de maneira urxente con medidas adicionais que garantan a protección social das persoas traballadoras e contribúan a manter a actividade económica«.

Por último, UGT, USO e CCOO sinalan que «en momentos coma este é imprescindible actuar de forma conxunta no propósito de contribuír á reconstrución dos danos, a reparación das vítimas e o progreso da sociedade baixo os principios democráticos do Estado de dereito».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS