jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasVigo acenderá o alumeado de Nadal o 16 de novembro nun acto...

Vigo acenderá o alumeado de Nadal o 16 de novembro nun acto “sobrio por respecto a Valencia”

Vigo xa ten data para que comece o Nadal, cando menos, na súa cidade. Será o 16 de novembro cando comecen a brillar as famosas luces olívicas dando paso, deste xeito, as demais actividades que se contemplan para este ano 2024. Inaugurarase a tempada nun acto que, en todo caso, «será sobro por respecto a Valencia e polo que alí está a suceder», segundo dixo o alcalde, Abel Caballero.

Así o dixo o rexedor nun acto, acompañado por Carmela Silva e Ángel Rivas. Caballero indicou que «a posta en marcha do aceso das luces de Nadal será este ano diferente, con menos festa, máis sobriedade por respecto” aos afectados pola DANA.

O alcalde fixo estas declaracións durante a presentación dunha campaña de mupis que se van instalar nas principais cidades de España e do mundo. Serán 826 os carteis que distribuirán por París, Londres, Roma e este ano, como novidade, tamén en Nueva York onde lucirán 10 imaxes do Nadal de Vigo. En España, colocaranse en 25 urbes, entre as que destacan Madrid, Barcelona, Bilbao, Málaga, Sevilla ou Oviedo. En Portugal, tamén estaremos presentes en Porto, Braga, Guimaraes ou Aveiro, entre outros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS