O Concello de Baiona vén de anunciar cal será a programación para o día 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A través das actividades, a administración local busca concienciar á cidadanía. Deste xeito, o municipio do Val Miñor tínguese de lila durante todo o mes coa celebración de diferentes actividades como é o caso de obradoiros de graffiti e rap, contacontos, teatro e defensa feminina, entre outras.
Segundo fai saber o Concello nun comunicado, se instalará «Agromar Violeta«, da artista baionesa Irene Silva. A obra conssite en vestir ás árbores da Palma e do Paseo Eluayen de cor lila para representar «o goteiro constante de noticias de agresións mentres a arboreda ofrece unha mirada máis profunda do problema da violencia machista». O proxecto ten como como obxectivo sensibilizar á cidadanía do municipio da necesidade do compromiso contra a violencia de xénero.
Ademais, o Concello indica que con este proxecto, ao mesmo tempo, incorpóranse ao espazo público áreas de encontro que «susciten a reflexión e respostas sobre a violencia machista».
Neste contexto, será o propio día 25 de novemebro cando o palco da música da Palma acolla o primeiro acto tras a súa rehabilitación. Alí, a directora da aula de teatro de Baiona, Mónica Sueiro, interpretará «Illa Mariña» a partir das 12:00 horas.
Teatro con sátira e reivindicación
O Auditorio V Centenario acollerá o próximo sábado 16 de novemebro ás 20:00 horas a representación teatral «As que limpan» a cargo da compañía galega A Panadería. Nas tablas, a sátira e reivindicación serán as protagonistas. As entrada, gratuitas, están dispoñibles na seguinte ligazón.
Contacontos
Durante todo o mes de novembro, desenvólvense actividades nos centros educativos. Por exemplo, Xanela de Maxín estivo no CEIP de Belesar interpretando o contacontos «Lúa quere viaxar a Marte» e terminará o seu percorrido ata CPI Nova Terreña, entre outros.
Defensa
Ademais, o sábado 23 de novemebro terá lugar un curso de defensa pesoal femenina no que as mulleres aprenderán técnicas de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación fronte deversas situacións de violencia de xénero. É necesario realizar unha inscripción previa no cim@baiona.gal.
Rap
Tamén o mesmo sábado, terá lugar dúas edicións para a elaboración dun graffiti contra a violencia de xénero. Esta actividade está dirixida aos nenos e as nenas maiores de 10 anos. Tamén haberá un obradoiro de rap. As personas que desexen participar deberán inscribirse no correo electrónico cim@baiona.gal.