As Neves terá un templo do café a partir de decemebro. E é que o veciño da localidade, Daniel Pérez, decidiu emprender unha viaxe «a contracorrente», da man da súa prima Alba Valado, co obxectivo de poñer en marcha un negocio «cunha aposta arriscada» e desde o que «crear riqueza no rural».
Deste xeito, os dous socios atópanse inmersos na reforma do local no que se ubicará «The Xester«. Trátase dun concepto innovador de cafetería na que haberá café de especialidade, catas e oferta de «brunch», entre outras cuestións, como actuacións musicais. Ademais, a súa carta contará con opcións sen glute, segundo explica Pérez en Si Radio de Galicia.
Con esta «aposta arriscada», tal e como explica, pretenden «xerar riqueza desde o rural» e contribuír «ao potencial das Neves» porque o municipio merece «ser envexa dos demais concellos da contorna a través do emprendemento».
Escoita a entrevista completa aquí:
O local abrirá as súas portas, previsiblemente, a principios do mes de decembro.