miércoles, noviembre 6, 2024
InicioNewsComarcasAsí agradecen os veciños e as veciñas do municipio valenciano de Albal...

Así agradecen os veciños e as veciñas do municipio valenciano de Albal o traballo dos bombeiros de Ponteareas

As emocións están a flor de pel na provincia de Valencia. Sobre todo, nas zonas onde o paso da DANA deixou un regueiro de lodo, auga, desperfectos e sentimos de rabia e incompresión. Unha desas zonas é o municipio de Albal, onde, na actualidade, atópase un grupo de voluntarios do GES de Ponteareas levando acabo tarefas para recuperar, na medida do posible, a normalidade.

Un dos labores que levan a cabo os efectivos, que se trasladaron ao municipio nos seus días de descanso, é o achique de auga nos garaxes e nos edificios que, a día de hoxe, continúan anegados de auga. Unhas tarefas esixentes que os veciños e as veciñas lle agradecen con recoñecementos como o que se amosta no seguinte vídeo.

Cara a Valencia partiron catro efectivos co obxectivo de colaborar nas tarefas de acondicionamento da zona e nos labores de rescate de persoas que, aínda de hoxe, están desaparecidas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS