jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeVoluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea poñen rumbo a Valencia

Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea poñen rumbo a Valencia

Seis voluntarios da asociación de Protección Civil Oitavén – Tea, xunto con cinco voluntarios de Protección Civil Cangas e tres voluntarios de Protección Civil de Valga, poñen rumbo esta noite cara o municipio de Masanasa, un dos concellos afectados pola DINA na Comunidade Valenciana, co obxectivo de axudar nos labores de limpeza e de rescate.

Para iso, transportarán tres remolques co material de traballo necesario como é o caso de xeradores, aparellos de iluminación nocturna, bombas de achique ou un furgón co que facilitar a loxística na zona afectada. Ademais, tamén levan cosigo ferramentas de excarcelación, entre outras cuestións.

O grupo de voluntarios e de voluntarias, que ofrece servizo aos municipios de Soutomaior, Mondariz, Mondariz-Balneario, A Lama, Covelo e Fornelos de Montes, partirá cara a localidade valenciana ás 22:00 horas desta mesma noite.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS