martes, diciembre 3, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Teatro Municipal de Tui acolle a presentación de “Kyoki” de Elefante...

O Teatro Municipal de Tui acolle a presentación de “Kyoki” de Elefante Elegante

“Kyoki” é o título do espectáculo que este venres, 8 de novembro, ás 19.00 horas presenta Elefante Elegante dentro da programación de outono. Esta obra conta coa dirección de Gonçalo Guerreiro, interpretación de María Torres e a manipulación de obxectos de Mario Rodríguez. Ademais, a peza aborda o esquecemento, a vellez e a soidade cunha mirada cómplice, reflexiva e sensible.

O título do espectáculo Kyoki significa demencia” en xaponés. No mesmo, a actriz principal, interpreta a avoa, a súa filla e a doutora. Deste modo, representa á familia, as institucións médicas e sociais. A través dunha linguaxe xestual, que se apoia na manipulación de obxectos e na interacción constante co espazo escénico, o espectáculo constrúe un universo cómico e poético, movéndose entre o realismo e a hipérbole da vida cotiá.

O espectáculo, dirixido a público familiar, conta cunha duración de 45 minutos. As entradas están á venda en tui.gal até o venres ás 18.50 horas aos prezos de tres e catro euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS