martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsActualidadeO ciclo 'Humor na súa tinta' continúa en Redondela da man de...

O ciclo ‘Humor na súa tinta’ continúa en Redondela da man de cinco humoristas recoñecidos

O Concello de Redondela acolle a VII Edición do ciclo de monólogos ‘Humor na súa tinta’, cinco shows de diferentes cómicos no que o humor será o eixo conductor. A primeira cita tivo lugar o pasado 5 de outubro da man do humorista galego Carlos Blanco.

O público poderá desfrutar aínda dos catro espectáculos restantes que terán lugar entre este mes de novembro e febreiro do ano próximo no Multiusos da Xunqueira

As entradas poden ser adquiridas de forma anticipada na web de Wow Ticket cun prezo aproximado de 13€ ou de forma presencial na billeteira do Multiusos da Xunqueira cun prezo de 15€.

Deste xeito, o próximo sábado 9 de de novembro ás 19:00h será o turno de Bianca Kovacs co seu espectáculo ‘Una rumana muy legal’ unha comedia de 80 minutos na que asegura que «non poderás parar de rir». A entrada é recomendada para maiores de 16 anos.

A seguinte cita será con Celeste Serine o sábado 14 de decembro ás 20:00h. O show que presenta é ‘El tango de Marilyn’, unha comedia «chea de amor, humor e música que che fará rir e reflexionar». A entrada é recomendada para maiores de 12 anos.

O 18 de xaneiro será o turno de Miguel Miguel e o seu espectáculo ‘Acojonado’. A cita dará comezo ás 20:00h. «Humor, risas, chistes e incluso máxia dentro dun mesmo show» aseguran dende a plataforma de venta online. A entrada está recomendara a maiores de 12 anos.

Por último, Luis Álvaro será o encargado de pechar o ciclo co show ‘El espectáculo’, baseado no humor negro. A cita será o sábado 8 de febreiro e a entrada está recomendada para maiores de 16 anos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS