martes, noviembre 5, 2024
InicioNewsComarcasMañá finaliza o prazo para optar a tres postos de emprego no...

Mañá finaliza o prazo para optar a tres postos de emprego no Concello de Porriño

O Concello do Porriño informou de que mañá finaliza o prazo para optar a tres postos de traballo no marco do programa Máis Emprega da entidade local. Así mesmo, a institución contratará un titulado medio de Cultura e Bibliotecas, un de Consultor de selección e outro de Prospección e Formación.

Para a primeira das ofertas, a de Cultura e Bibliotecas, requírese titulación de Grao en Xestión Cultural, Historia da Arte, Comunicación Audiovisual, Antropoloxía ou Filoloxía. Ademais serán opcionais os graduados en Biblioteconomía e Documentación, Ciencias Sociales e Humanidades, ou calquera outra dentro da rama de Humanidades.

No caso do Consultor de selección é necesario dispor dun Grao en Relacións Laborais, Relacións Laborais e Ocupación, Relacións Laborais e Recursos Humanos ou Pedagoxía. Así mesmo, poderán acceder os graduados en Dobre Grao en Dereito e Relacións laborais ou equivalentes, cumprindo co mesmo criterio que no anterior posto en tempo de finalización dos estudos.

Por último, para o posto de Prospección e Formación requírese a titulación de Grao en Relacións Laborais ou Relacións Laborais e Ocupación. Tamén contan as de Relacións Laborais e Recursos Humanos, Pedagoxía, Dobre Grao en Dereito e Relacións Laborais ou equivalentes.

Outros criterios de contratación

Para optar a calquera destes postos é preciso que non trascurriran máis de 3 anos desde a finalización dos estudos (ou máis de 5 anos no caso de persoas con discapacidade). As contratacións formalizaranse o día 15 de novembro de 2024 e serán de carácter laboral temporal. Ademais, na modalidade de contrato formativo para adquirir a práctica profesional acorde ao nivel de estudos.

A xornada será completa, o período de contratación será de 12 meses e o sistema de selección levará a cabo mediante un concurso que valorará os méritos dos candidatos. Desde a Concellería de Emprego e Formación animan a todos os interesados a presentar as súas solicitudes dentro do prazo establecido. Tamén destacan a posibilidade de formar parte do importante programa que busca mellorar.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS