jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsGalicia rexistra a cifra de paro máis baixa nun outubro de toda...

Galicia rexistra a cifra de paro máis baixa nun outubro de toda a serie histórica

«O mercado laboral de Galicia continúa na súa senda de crecemento e acada, con 122.214 persoas desempregadas, a cifra de paro máis baixa nun mes de outubro de toda a serie histórica, é dicir, desde 1996«. Así o fai saber a administración autonómica nun comunicad no que, ademais, apunta que se rexistra «1.083.376 afiliacións á Seguridade Social, a cifra máis alta nun outubro desde o ano 2005».

Neste contexto, o conselleiro de Emprego, José González, destacou que en termos anuais, o paro en Galicia baixou nun 8,35%, o que supera en 2,65 puntos a baixa do paro do Estado e nos converte na terceira Comunidade na que máis cae o desemprego en número de persoas. Segundo puxo de relevo González, nesa comparativa interanual cae o paro nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e tamén en colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración. 

Así, na comparativa anual e por sectores, o encargado da área explicou que a baixada do parou liderouna o sector da construción (-11,98%) seguida do sector primario (-11,54%). En canto aos colectivos prioritarios, diminuíu o paro entre os menores de 30 anos (-9,94%), nas mulleres (-8,80%), e nos parados de longa duración (-7,39%). Ademais, as cifras de mulleres desempregadas, con 71.406,  e de desempregados xuvenís, con 13.994, son as máis baixas nun mes de outubro desde que hai rexistros (2005).  A de parados de longa duración, de 61.430, é a cifra máis baixa dun mes de outubro dos últimos 16 anos. 

Canto ás afiliacións, o titular de Emprego salientou que Galicia acada a maior cifra de afiliados nun mes de outubro desde o ano 2005, cun total de 1.083.376 afiliacións á Seguridade Social. Aumentan con respecto a hai un ano nun 1,45% (15.523 afiliados novos).

Así mesmo, José González puxo en valor a suba no número de contratacións en Galicia respecto a hai un ano, cun incremento dun 4,29% (2.769 contratos máis). Neste senso, incidiu no aumento dos contratos indefinidos en case un 8% (1.681 contratos máis).

Para rematar, o conselleiro subliñou que a Xunta, da man do tecido produtivo, continúa a «impulsar medidas coas que seguir xerando máis e mellor emprego, á vez que dá resposta a grandes retos do mercado laboral como o da cobertura de vacantes, apostando pola flexibilización da formación, pola modernización do Servizo Público de Emprego ou por estratexias a prol da empregabilidade e do emprendemento».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS