miércoles, noviembre 6, 2024
InicioNewsComarcasCatro bombeiros de Ponteareas prestan a súa axuda no municipio valenciano de...

Catro bombeiros de Ponteareas prestan a súa axuda no municipio valenciano de Alfafar

A concellería de Seguridade do Concello de Ponteareas informa que catro bombeiros do servizo local trasladáronse onte ao concello valenciano de Alfafar para contribuír nos labores de emerxencia. A Axencia de Emerxencias de Galicia (AXEGA) é a coordinadora deste operativo no que tamén se desprazaron submarinistas e persoal de Medio Rural, entre outros, ademais de motobombas.

Renunciando aos seus días libres e de descanso, estes catro bombeiros regresarán o venres día 8 para incorporarse ás súas quendas e así non desatender os seus compromisos con Ponteareas. Acompañados do xefe de bombeiros, estes profesionais «simbolizan a vocación de toda a plantilla de bombeiros de Ponteareas que cobren todos os concellos das comarcas do Condado e da Paradanta», segundo explica a administración local.

Dende primeira hora da mañá traballan achicando auga en garaxes e realizando todas aquelas tarefas que sexan precisas. Juan Carlos Carrera, concelleiro de Seguridade, agradece a «predisposición de toda a plantilla de bombeiros que colaboran sempre que é preciso e que son capaces de coordinarse con outros equipos dando exemplo de profesionalidade».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS