martes, noviembre 5, 2024
InicioNewsActualidadeO presidente da FEGAMP: "O que urxe agora en Valencia é enviar...

O presidente da FEGAMP: «O que urxe agora en Valencia é enviar persoal e materiais de emerxencias»

As consecuencias da DANA en Valencia continúan asolando a unha provincia que aínda non é quen de recuperar a súa vida. O barro continúa nas rúas, xerando problemas de salubridade, e continúan sen aparecer persoas as que lle sorprendeu a riada o pasado 29 de outubro. Neste contexto, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) mantivo unha reunión coa Xunta de Galicia, Protección Civil e Emerxencias de Galicia solicitada conxuntamente coa Delegación do Goberno na comunidade e acordaron enviar persoal e medios materiais de emerxencias.

O presidente da FEGAMP, Alberto Varela, explica en Si Radio que «hai certas dificultades para que cheguen os produtos polo que o que urxe agora é enviar material e persoal de emerxencias». Varela, quen ademais é o alcalde de Vilagarcía de Arousa, indica que «o que nos trasladan os efectivos que mandamos desde o Concello é que o que se está vivindo alí é unha situación terrible«.

Ademais, sobre os altercados que tiveron lugar no municipio de Paiporta, Varela indica que «a alcaldesa do municipio xa declarou que se trataba de persoas que non pertencían á localidade» e que «os que empregan esta situación para xerar odio equivóncase».

Condena os actos violentos que tiveron lugar en Paiporta e admite que «seguramente non era o momento de realizar a visita».

Escoita a entrevista completa, aquí:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS