jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeO GES de Ponteareas e Protección Civil de Tui únense aos labores...

O GES de Ponteareas e Protección Civil de Tui únense aos labores de rescate en Valencia

A cadena solidaria continúa formándose arredor da tarefa de rescatar ás poboacións da provincia de Valencia que sufriron as consecuencias do paso da DANA. Este fin de semana, os concellos de Mos e do Porriño enviaban grupos especializados, respectivamente, co obxectivo de axudar nos diferentes labores en municipios como Benetússer, entre outros.

Agora, segundo vén de indicar a Xunta de Galicia, o goberno galego coordinou un segundo envío conformado por outro centro de profesionais dos bombeiros municipais da Coruña, de Santiago de Compostela, de Lugo, de Ferrol e Vigo e do Consorcio de Bombeiros de Pontevedra, ademais dos GES de Ponteareas, da Mancomunidade Terra de Celanova e Padrón, e voluntarios de Protección Civil de Verín, Boiro, Mazaricos, Carballo, Tui, Muxía, Val do Dubra, Moraña, Cuntis, Portas, Ferrol, Vilalba e Viveiro. Sumouse ademais a unidade de cans de salvamento (Casaga) e un equipo do Concello de Cambados.

A administración autonómica fala dun segundo envío porque o primero xa está traballando en Valencia e está integrado, tamen, por case un centro de profesionais. Trátase de seis efectivos do Grupo Operativo de Actividade Subacuática da Policía Autonómica e outros sete do Grupo de Apoio Loxístico á Intervención (GALI) e da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, xunto con 60 da Consellería do Medio Rural, entre os que figuran bombeiros forestais, condutores, axentes ambientais e un posto de mando avanzado con técnicos, entre outros. A maiores, mobilizáronse cinco membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Mos (GES) e dous voluntarios de Protección Civil do Rosal.

Vehículos

O material mobilizado por este segundo continxente suma unha vintena de todoterreos e pickups, catro furgonetas, tres motobombas e sete remolques entre outros vehículos, e numeroso material de apoio como bombas de achique, equipos de excarceración, drons, material de rescate acuático e altura, xeradores e tendas de emerxencias.

Os envíos enmárcanse no labor de coordinación impulsado pola Xunta o pasado sábado, tras a petición de novos medios por parte da Comunidade Valenciana en apoio ás persoas afectadas pola DINA. Así, nesa xornada reuníanse a través dunha videoconferencia o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e representantes da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático xunto con representantes da Delegación do Goberno en Galicia, da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e das catro deputacións provinciais, así como responsables de servizos provinciais e municipais de emerxencias de Galicia.

Na xuntanza acordouse que a Xunta centralice e coordine o envío de profesionais e medios de emerxencias que se envíen desde Galicia e que sexan requiridos desde o Centro de Coordinación de Emerxencias da Generalitat valenciana. Estase a efectuar a través do 112 Galicia onde as distintas administracións e organismos comunicaron os seus medios dispoñibles. Estes datos trasládanselles á Comunidade Valenciana e ao Centro Nacional de Seguimiento e Coordinación de Emerxencias (CENEM).

Os medios enviados onte xa se están na zona á disposición dos responsables da emerxencia para afrontar todas aquelas tarefas para que sexan mobilizados e restablecer, entre outras accións, a comunicación como está a demandar a Comunidade Valenciana para facilitar así a chegada dos servizos de emerxencias.

Desde a Xunta explican que «séguese a disposición da Comunidade Valenciana nos medios que demande para colaborar nas tarefas que os centros de mando da autonomía soliciten».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS